O BNG DO MORRAZO PRESENTA PRETO DE 30 EMENDAS AOS ORZAMENTOS 2019 DA XUNTA DE GALIZA

WhatsApp Image 2018-11-09 at 14.06.01
Odilo Barreiro, Lucía Santos, Silvia Carballo, Montse Prado e Xoán Chillón na rolda de prensa

A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado e os representantes do BNG na comarca do Morrazo presentaron está mañá as emendas aos Orzamentos da Xunta para o ano 2019. O BNG presenta emendas para que se faga visíbel a  situación actual da comarca e se saiba que hai medidas alternativas ás que presenta o Partido Popular, centradas en aspectos sanitarias, en melloras das infraestruturas e seguranza viarias, en políticas sociais, na protección do noso patrimonio e noutros aspectos que pasan desapercibidos nestes orzamentos.

O BNG DO MORRAZO PRESENTA PRETO DE 30 EMENDAS AOS ORZAMENTOS 2019 DA XUNTA DE GALIZA

Como declarou a representante do BNG no Morrazo, se orzamentos representan o proxecto político do goberno que os presenta, isto mostra que o Partido Popular non ten realmente un proxecto para a comarca do Morrazo xa que é inexistente nestes orzamentos. Xa que o único que aparece destacado é unha partida para o Corredor que dende logo non resolve nin moito menos as necesidades da veciñanza da comarca.

Estas necesidades son desatendidas ano tras ano nos orzamentos da Xunta de Galicia, por iso dende a comarca solicita á Xunta que teña en conta nos seus orzamentos problemas como o que está a acontecer coa sanidade. Unha sanidade onde as listas de espera e a falta de profesionais tanto en atención primaria como hospitalaria é máis grave, como é o caso da pediatría onde vemos que non hai substitucións e mesmo se eliminan as prazas. Chegamos  a esta situación pola falta de previsión e porque lles compensa que se chegue a esta, nestes orzamentos da Xunta introduciron na lei de acompañamentos a creación do especialista de área, o cal significa ir cara a desaparición da pediatría na atención primaria. Por iso reclamamos dotar a partida de máis persoal e dentro deste especialmente o de pediatría. Reclamamos tamén servizos tan básicos como o de radioloxía ou de ambulancia 24 horas para Marín tendo en conta que a súa poboación supera os 20.000 habitantes. Ademais é fundamental a dotación de infraestruturas como a do Centro de Saúde de  Sixalde en Moaña ou o de Hío-Aldán, así como a reconversión de centros como o antigo Centro de SAúde de Marín nun centro de día . Sen esquecer que un ano máis reitérase a importancia de dotar ao Morrazo cun Centro de Alta Resolución que evite o desprazamento e custes que discriminan ás nosas poboacións. Tendo en conta ademais que hai xa reservados terreos no PXOM de cangas que está en proceso de redacción. 

 

En materia de infraestruturas e seguridade vial O Morrazo segue a estar desatendido. O mantemento do vial Po- 551, cunha alta densidade de tráfico e que vertebra a comarca está totalmente desatendido, habendo unha carencia importante de seguridade en todas as localidades. Ademais outros viais como o N-554 en Vilaboa ou  a PO-550 e a PO- 315 en Bueu onde a seguridade e a mobilidade peonil están totalmente esquecidas. Estradas completamente deterioradas sen medidas de seguridade adecuadas e beirarrúas ou ben inexistentes ou ben sen ningún tipo de mantemento. Solicítanse ademais melloras na iluminación das rotondas do Corredor do Morrazo, xa que practicamente carecen delas.

 

 

A protección do noso patrimonio está tamén presente nestes orzamentos, como é a posta  en valor do Castro de Montealegre en Moaña, o Monte do Facho en Cangas e un centro de interpretación deste, a ordenación e posta en valor da trama urbana da Seara ou a ampliación do Museo Massó en Bueu. É preciso a implicación da Xunta de Galicia para poder manter estes recursos patrimoniais.

 

A economía e os sectores produtivos que vertebran a comarca seguen tamén a estar descoidados, como é a ampliación do parque empresarial do Morrazo              . Ademais as infraestruturas portuarias seguen a estar totalmente descoidadas como é o caso dos peiraos de San Adrián de Cobres ou de Aldán. Temos que destacar que estes son os décimos orzamentos que presenta o Partido Popular despois de volver á Xunta no ano 2009, e nestes dez anos nun sector tan importante para a comarca como é o sector do mar os orzamentos son un 40% máis baixos que no ano 2009. O balance é de 3.700 persoas afiliadas menos na seguridade social neste sector, un terzo dos buques tiveron que abandonar a actividade no mar por falta de cotas, a baixura está totalmente abandonado sen ningún tipo de actuación por parte da Consellería do Mar e o sector do marisqueo cada vez con menos produción, sobre todo nas especies propias como pode ser a ameixa fina. Esta perda de valor do noso mar non se reflexa nestes orzamentos, polo que se presentarán tamén emendas ao respecto por parte do BNG.

 

Ademais preséntanse outra serie de peticións históricas como é o caso da localidade de Moaña que segue carecendo de auditorio municipal cunha poboación de cerca de 20.000 habitantes.  As melloras nos diversos centros educativos da comarca como o caso do Castrillón en Coiro, e en infraestruturas deportivas como o Club de Piragüismo de Vilaboa.

O BNG DO MORRAZO PRESENTA PRETO DE 30 EMENDAS AOS ORZAMENTOS 2019 DA XUNTA DE GALIZA